Año Jubilar de la Misericordia

25 de septiembre de 2014

Carta ás Familias

Esta carta non pretende ser un cursiño nin unha escola de pais, nin abarcar toda a complexidade do que nos ocupa e preocupa.

Contentámonos con que sirva de reflexión compartida, de base para conversacións con outras persoas que poidan aportarnos algo desde as mesmas inquietudes e de estímulo para que xuntos poidamos apoiarnos na tan nobre e valiosa misión da educación en valores e vivencias de fe cristiá das novas xeracións.

Cinguíndonos, xa para rematar, á educación relixiosa, quixeramos insistir en:
Algúns Consellos Prácticos

- É fundamental a valoración persoal e o convencemento de que a fe cristiá é un verdadeiro tesouro, pero que o levamos en febles olas de barro.
- O clima axeitado para que xermole a semente da fe nos máis novos é un ambiente de atención, de interese e mesmo de certa expectación, porque o que queremos transmitirlles é importante e transcendental para a súa vida.
- O testemuño persoal, que se manifesta na exemplaridade, na coherencia e no respecto, é o que fai de todo educador un bo sementador.
- Do mesmo xeito que un ambiente en contra pode ser altamente destructivo, unha comunidade cristiá cálida de referencia arroupa e constrúe.
- A oración e a celebración comunitaria da fe son coma a choiva e o sol sen os que ningunha semente pode vir a maduro.
- Sen catastrofismos, pero con realismo, non se debe esquecer que non faltan
inimigos que amparados na noite, sementan xoio (mala herba) por entre o trigo.
- Pero, se somos persoas de fe e confianza en Deus, non perderemos o convencemento de que o Gran Amigo e o seu Santo Espírito velan e coidan noite e día a semente do ben.
- Que eles nos guíen, nos axuden, nos conforten e fagan frutífero o noso traballo educativo.
Con moito agarimo,
Os Secretariados de Catequese de Galicia



Queridos pais, nais e familiares próximos de nenos e mozos en idade de iniciarse na fe cristiá.

Os membros do Equipo das Delegacións de Catequese de Galicia por medio desta carta quixeramos aproximarnos a vós, desde una actitude humildosa, fraterna e comprensiva coas limitacións e dificultades con que todos nos atopamos e coa fin de compartirmos algunhas reflexións e consellos con vistas a
unha mellor realización da tarefa que nos une: a de procurar axudar a formar cristiáns adultos na vivencia da fe.

Nunha primeira mirada sobre a realidade, obsérvase que moi a miúdo a asistencia á catequese vese como unha obriga imposta “polos curas” para poder recibir a Primeira Comuñón –que en non poucos casos é tamén a última- ou para confirmarse e non ter maiores atrancos para facer de padriños ou madriñas. Pola contra, non sempre se ve como un medio para ir formándose nos coñecementos referentes á fe e educándose nos valores do Evanxeo ao mesmo tempo que eses coñecementos e valores permiten ir descubrindo a Deus, encariñándose con El e téndoo como Pai agarimoso e modelo a seguir.

A iniciación na fe que, como toda verdadeira iniciación en algo que pode e debe comprometer a propia vida e incidir no ben da comunidade, necesita unha programación, unha acomodación ás circunstancias persoais desde a fidelidade ao evanxeo, un proceso, uns tempos, uns obxectivos, uns medios, un acompañamento…

Pero iso, o que se ve como bastante lóxico noutros campos, non sempre se ve como necesario no ámbito relixioso e os resultados son reducir a recepción dos sacramentos de iniciación: Bautismo, Eucaristía e Confirmación a actos sociais baleiros do seu verdadeiro sentido, sen transcendencia relixiosa para quen os reciben e sen continuidade na vivencia da fe con vistas a que esa vivencia vaia medrando acorde co desenvolvemento da persoa.

En todos os campos da educación a implicación e o acompañamento dos pais e da familia en xeral é fundamental e imposible de suplir. Se esa implicación falla,
nada poderá substituíla. E o que aínda sería peor: se as orientacións -ou desorientaciónsdas familias van en dirección oposta ás dos outros estamentos educativos, as tensións para quen se está educando aumentan día a día e, pola contra, os bos resultados disminúen.

Malamente poderá chegar a ter aprecio polas matemáticas, a lingua, a natureza ou a historia quen percibe arredor de si desprezo por estas ramas necesarias do saber. Pois, o mesmo é aplicable ao campo relixioso.

A familia non acostuma a dispoñer do tempo necesario para unha educación completa en todos os ámbitos, nin tampouco dos debidos coñecementos, por iso se fan necesarios os centros de ensino e a catequese parroquial ou comarcal; pero aínda aqueles pais, nais ou outros familiares menos preparados a nivel teórico teñen una intuición e un potencial insubstituíble que é de gran axuda, interesándose, valorando e impulsando o que se fai fóra do ámbito estrictamente familiar.